inicio - Novas - O presidente do CES participa nas xornadas de presentación do CISPAC en Santiago

O presidente do CES participa nas xornadas de presentación do CISPAC en Santiago

 21/10/2022  

Encadrado nunha mesa redonda sobre “O valor do turismo e o valor das paisaxes”, o presidente do CES-Galicia –na imaxe, o segundo desde a dereita–participou no evento de presentación pública do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), que se celebrou entre o 19 e o 21 de outubro na Cidade da Cultura compostelá.

O CISPAC, ao que se incorporaron no mes de xuño máis de 80 investigadores e investigadoras das tres universidades galegas, pretende ser referente no panorama internacional das humanidades e das ciencias sociais, abordando un estudo transdisciplinar a través de cinco campos de traballo: paisaxes que teñen xente, paisaxes que producen, paisaxes gobernadas, paisaxes que teñen patrimonio e paisaxes visitadas.