inicio - Novas - O presidente do CES aposta polo diálogo para abordar os problemas do sector pesqueiro nunha xornada organizada polas confrarías

O presidente do CES aposta polo diálogo para abordar os problemas do sector pesqueiro nunha xornada organizada polas confrarías

 13/03/2024  

O presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, sinalou o diálogo como a mellor vía para abordar os retos de futuro que afronta o sector pesqueiro galego. Pérez participou nunha xornada de debate organizada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores para analizar os problemas do sector e tentar atopar solución. Na mesa redonda fíxose un repaso a aspectos como a demandada rebaixa do IVE do peixe, as ameazas da instalación de parques eólicos mariños para algún caladoiros, as crecentes esixencias medioambientais, as modificacións de todo tipo que provoca o cambio climático ou as dificultades para acadar o relevo xeracional, entre outros. No coloquio participaron tamén o director xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Antonio Basanta Fernández; o presidente da Federación Nacional de Confrarías, José Basilio Otero Rodríguez; e o presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira.

Todos eles indicaron que a actividade pesqueira atópase nun momento complicado, con dificultades de todo tipo, pero amosaron a súa esperanza en que o sector será quen de adaptarse aos cambios e atopar solucións a eses desafíos.

Na imaxe, desde a esquerda, Manuel Pérez, Pérez Sieira, Antonio Basanta e Basilio Otero.