inicio - Novas - A presidenta do CES-Galicia, na presentación do Observatorio Económico Ourensán

A presidenta do CES-Galicia, na presentación do Observatorio Económico Ourensán

08/03/2017

Nun acto organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, a presidenta do CES-Galicia, Corina Porro, participou na presentación do octavo estudo do Observatorio Económico Ourensán, que se celebrou este mércores. Ese estudo presenta unha radiografía moi completa da realidade socio-económica da provincia. A iniciativa da Deputación ourensá consolídase como unha axeitada aproximación ao territorio e as súas cifras económicas e sociais máis salientables.

Na imaxe, Corina Porro e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, na sede da asociación empresarial.