inicio - Novas - Presentados os informes sobre a situación demográfica e sobre os custos da crianza do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

Presentados os informes sobre a situación demográfica e sobre os custos da crianza do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

 20/03/2024  

A sede do Consello Económico e Social acolleu onte a presentación dos dous últimos informes do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica: o relativo á situación demográfica de Galicia en 2023 e unha análise dos custos que implica a crianza, considerado pioneiro no seu campo. En presencia da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, o de presidente do CES, Manuel Pérez, a coordinadora dos traballos, a profesora María Xosé Rodríguez Galdo, comentou os documentos e gabou a dedicación e profesionalidade dos membros do Observatorio.

O informe sobre a situación demográfica, aprobado polo Pleno do Observatorio (do que forma parte o CES), analiza de forma extensa en seis capítulos os aspectos fundamentais da realidade demográfica de Galicia e remata cunha parte adicada a unha análise DAFO-C.

Con estes traballos, o Observatorio tenta achegar unha resposta con base científica ás crecentres preocupación polos desafíos que, en materia demográfica, enfronta a sociedade galega, cunha ollada a medio e longo prazo.

O documento pode consultarse en https://observatoriodemografico.xunta.gal/gl/publicacions