inicio - Novas - Presentado en Bruselas o estudo dos CES sobre a Estratexia Atlántica

Presentado en Bruselas o estudo dos CES sobre a Estratexia Atlántica

 10/09/2015  


Poner en común e facer públicas diante das institucións europeas as conclusións e propostas do seu informe. Este foi o obxectivo da presentación levada a cabo pola Red Transnacional Atlántica (RTA) de Consellos Económicos e Sociais do seu estudo sobre a Estratexia Atlántica “Por unha estratexia operativa e eficiente”, que se celebrou onte na sede do Comité Económico e Social Europeo (CESE) en Bruselas. Coa presencia de distintas personalidades de Galicia que traballan en Europa, de membros da Comisión Europea e do CESE, o acto serviu para afondar no contido das principais conclusións do estudo. Cabe destacar a grande acollida que tivo o informe entre os representantes da Comisión presentes na xornada.

Durante a presentación, que contou coa participación dos principales responsables da RTA e membros do CESE, os asistentes tiveron ocasión de entablar un debate para reflexionar sobre novas iniciativas para impulsar o plan de acción da Estratexia e para acabar unha máis ampla sensibilización e mobilización dos actores dos territorios atlánticos en torno ao mesmo. Por parte do CES de Galicia asistiron a súa presidenta, Corina Porro, que tamén é vicepresidenta da RTA, e mailo secretario xeral do organismo, Juan Gallego.

A Rede Transnacional Atlántica (RTA-ATN), que reúne a os Consellos Económicos e Sociais da fachada atlántica europea, presentou este informe que elaborou sobre os primeiros pasos da posta en marcha da Estratexia Atlántica, centrándose principalmente na apropiación do Plan de Acción por parte dos actores da sociedade civil dos territorios atlánticos. Durante a reunión, puxéronse en común as conclusións e propostas, coa presencia de destacados membros de distintas direccións xerais da Comisión Europea, ademáis dos membros do Comité Económico e Social Europeo e da propia RTA. En novembro de 2011, a Estratexia Atlántica identificou os principais retos e oportunidades que no ámbito marítimo afronta a fachada atlántica europea e en maio de 2013 adoptouse o Plan de Acción. Nel definíanse prioridades e obxectivos para o desenvolvemento de proxectos que sirvieran para impulsar o “crecemento azul” nas rexións da fachada atlántica. A RTA, que agrupa a os representantes dos axentes económicos e sociais destas rexións, entendeu que sería interesante facer un seguemento do proceso dese plan de acción para garantir que os instrumentos deseñados poñíanse en marcha e que funcionan axeitadamente. Ademáis, unha das súas preocupacións era determinar se os axentes da economía marítima os coñecen. Este é o contido do informe, sobre os primeoros pasos do lanzamento operativo da Estratexia e a apropiación do plan de acción por parte da sociedade civil. O informe conclúe cunha serie de propostas nos ámbitos da comunicación, a financiación e a gobernanza.

Antes da presentación, a RTA celebrou unha reunión do seu comité executivo para plantexar as novas liñas de actuación da organización para os vindeiros meses.