inicio - Novas - Presentada a proposta de traballo para o informe sobre dinámica empresarial na CS-1

Presentada a proposta de traballo para o informe sobre dinámica empresarial na CS-1

 24/10/2022  

A proposta de traballo para a elaboración do informe sobre o “Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada” foi presentada hoxe aos membros da Comisión sectorial nº1 por un responsable do equipo da Universidade de Vigo que se encargará da elaboración do traballo. O profesor Patricio Sánchez expuso as liñas mestras do estudo, que se dividirá en catro apartados (contexto económico, tecido empresarial, dinámica empresarial e conclusións) e estará baseado nunha metodoloxía con distintas análises (descritiva, comparativa, estatística e cualitativa). Con ese estudo, e coas aportacións dos membros da Comisión, o obxectivo é acadar conclusións e recomendacións obxectivas e consensuadas, con prazos diferenciados e con destinatarios identificables. Está previsto que o documento esté rematado a finais deste mesmo ano.