inicio - Novas - Presentada a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017

Presentada a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017

31/07/2018
O Consello Económico e Social presentou hoxe a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017, que foi aprobada polo Pleno o pasado luns. No acto de presentación, a presidenta do CES, Corina Porro, salientou os bos datos macroeconómicos agregados e repasou algunhas das consideracións consensuadas que fan parte do documento. Pola súa banda, a presidenta de turno da comisión encargada de redactra a memoria, Rosa Arcos, fixo referencia a outras opinións recollidas nos distintos apartados. A Memoria 2017 xa está dispoñible na web, no enlace da columna dereita.