| NOVAS | |||
| O CES PRESENTA UN INFORME RTA SOBRE ENERXÍAS RENOVABLES MARIÑAS Galicia pode acadar un desenvolvemento industrial específico e competitivo no eido das enerxías renovables mariñas 2009 O estudio, realizado en colaboración con diversos CES do Arco Atlántico europeo no marco da RTA, ten por obxectivo impulsar o aproveitamento dos recursos eólicos, as olas das nosas costas e outros |
|||
|
As enerxías renovables mariñas son para as rexións atlánticas europeas unha fonte de indubidable interese polo seu carácter de limpas e autóctonas e pola súa capacidade para o desenvolvemento para as súas economías dunha nova industria, coas súas cadeas de subministros e traballos de mantemento. Neste contexto, Galicia podería acadar, se se dan os pasos oportunos, un desenvolvemento industrial específico como fabricante de torres eólicas e conxuntos completos para os aeroxeneradores que está previsto instalar en augas de profundidade moderada no Mar do Norte. Estaé unha das conclusións que se recolle no informe “Desarrollo de las energías renovables marinas: condiciones de é xito en las regiones de la RTA del Arco Atlántico”, elaborado coa colaboración do Consello Económico e Social de Galicia e outros organismos homólogos de España, Francia e Portugal, no marco da Red Transnacional Atlántica.
|
|
||
Outro campo de interese atópase en colaborar no desenvolvemento de tecnoloxías para o aproveitamento da enerxía eólica mariña en augas profundas, onde Galicia ten un gran potencial, segundo destaca o estudio. Además da forza do vento, o traballo plantexa tamén o aproveitamento das ondas, ou enerxía undimotriz, aínda que está nas súas primeiras fases de experimentación. As costas de Galicia son as de maior potencial de España para aproveitar esta enerxía. Limpa
e inesgotable Realizado por un grupo de traballo dos CES de Cantabria, País Vasco, Galicia, Aquitania, Bretaña, Poitou-Charentes e o ISQ portugués, o informe ten por obxecto impulsar o aproveitamento dos recursos enerxeticos renovables mariños nas rexiones do Arco Atlántico. Logo de dous anos de traballo, con visitas a instalacións e centros de investigación de diveros países, o estudio foi aprobado a finais de 2010 e presentado no Parlamento Europeo.
|
|||
|
|||
|
|
|
© CES-GALICIA |