inicio - Novas - Pleno de toma de posesión para un novo período catrienal

Pleno de toma de posesión para un novo período catrienal

 12/04/2016  

Unha solemne sesión plenaria na sede do organismo celebrada hoxe acolleu o acto de toma de posesión dos novos membros do Consello Económico e Social para un novo mandato catrienal. Xunto aos 33 representantes das distintas entidades e organizacións reprentadas no Pleno, tomaron tamén posesión a presidenta, Corina Porro Martínez, e o secretario xeral, Juan José Galllego Fouz, que repiten responsabilidade.

En presencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez e do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, a presidenta salientou os logros acadados polo organismo nestes anos e a consolidación do seu papel de foro de opinión da sociedade civil organizada. Porro agradeceu a colaboración de todos os membros, e esforzó polo consenso que preside o organismo e salientou a independencia dos seus criterios e opinións.

A presidenta indicou que, nesta nova etapa, a idea é consolidar o xa feito e prestar atención a unha maior apertura á sociedade para ser a voz autorizada dos axentes económicos e sociais, tanto dos tradicionais como dos novos movimientos que están a xurdir en distintos ámbitos e que adquiren maior protagonismo cada día. Na súa intervención diante do Pleno, a presidenta anunciou que se seguirá traballando para reforzar la colaboración que o organismo mantén cos seus homólogos e con outras institucións tanto nacionais coma europeas.

Na súa intervención no acto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lembrou pola súa banda que o Consello Económico e Social leva dúas décadas “garantindo que a nosa lexislación tente ser acorde coa pluralidade do noso país”. “Esta institución é boa proba de que escoitando a todo o mundo é como se pode chegar ás mellores solucións. Aquí, unha representación do noso tecido económico e social vela pola calidade da acción de Goberno. Cada anteproxecto de lei e cada proxecto de decreto sobre materias socioeconómicas pasa polo CES, onde se enriquece coas achegas dos diferentes axentes que o compoñen”, dixo.

“Escoitar a voz das organizacións sindicais, da Confederación de Empresarios, dos representantes do agro, do mar, dos consumidores e das universidades é a mellor garantía de que elaboremos a mellor lexislación posible”, abundou o presidente.

Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta resumiu as distintas función do Consello Económico e Social nunha: escoitar. “E esa é unha das principais virtudes que posúe a súa presidenta”, asegurou, subliñando que Corina Porro representa unha actitude que busca puntos de encontro, que pon o aceno nas semellanzas e non nas diferenzas e que cre que ningunha opinión sobra, senón que todas suman.

“Este Consello leva moitos anos demostrando que, entre galegos, non hai posturas irreconciliables. Demostrando que, cando hai vontade, se pode chegar a acordos”, concluíu Feijóo.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon Fotos Pleno 287.15 KB