inicio - Novas - O Pleno aproba o informe sobre Ferrol e a súa área de influencia

O Pleno aproba o informe sobre Ferrol e a súa área de influencia

21/12/2016

O Pleno do CES aprobou na súa sesión 6/16, celebrada hoxe, o seu informe sobre Ferrol e a súa área de influencia.

O informe contén unha primeira parte descriptiva, cos datos estatísticos máis relevantes dos aspectos económicos e sociais máis salientables da área, un diagnóstico xenérico da realidade que se centra en apartados como o territorio, a demografía, o mercado de traballo, os sectores produtivos ou os indicadores sociales. Nunha segunda parte de carácter máis valorativo, realizada a través de entrevistas e unha enquisa sobre o terreo, recóllense as opinións dos actores sobre o presente e o futuro do territorio analizado.

Para rematar, un último capítulo de consideracións que sistematiza, a modo de orientacións ou recomendacións, as propostas de actuación na área que, dun xeito consensuado, suxiren as organizacións e institucións representadas no CES. Como é habitual nos traballos do Consello, estas propostas de futuro e directrices estratéxicas son o valor engadido do informe.

Está previsto que o informe sexa presentado á sociedade civil da cidade de Ferrol e dos concellos da súa área nunca data próxima, aínda por determinar.