inicio - Novas - O Pleno aproba o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”

O Pleno aproba o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”

 22/09/2022  

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar na súa sesión de hoxe, sen votos en contra, o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”. Trátase dunha exhaustiva reflexión muitidisciplinar e variopinta sobre os retos da dixitalización, un estudo que inclúe, ademais dunha diagnose detallada do estado actual deste proceso, a identificación dos principais retos aos que se debe facer fronte e o debate de propostas e opinións dos principias axentes da sociedade civil. O informe, que se presentará en breve, foi elaborado a través dun convenio entre o CES e a Universidade de Vigo e estivo dirixido polo catedrático Xosé H. Vázquez.