inicio - Novas - Un monográfico sobre a pobreza e a exclusión social abre unha nova etapa da serie "cadernos"

Un monográfico sobre a pobreza e a exclusión social abre unha nova etapa da serie "cadernos"

21/01/2016

O Consello Económico e Social recupera a serie •c•a•d•e•r•n•o•s• cun número monográfico adicado á loita contra a pobreza e a exclusión social.

Cun cambio de orientación que vira desde a mera aportación de información cara á opinión e aposta por aportar elementos de reflexión para o diálogo, cada número pretende amosar do xeito máis plural as diferentes visións dos expertos e os actores socioeconómicos sobre o tema elidido.

Se todos os temas sociais son importantes para o Consello, a pobreza e o risco de exclusión que vive unha parte da nosa sociedade o é particularmente.. Neste número de •c•a•d•e•r•n•o•s• achegámonos a esta realidade, tentando coñecer en profundidade os distintos aspectos que a compoñen, desde diferentes puntos de vista: académicos, administrativos, das organizacións da sociedade civil e, por suposto, das entidades representadas no Consello.

A revista pode descargarse en formato pdf.

traballos relacionados: