inicio - Novas - Os membros da RTA estudian os documentos da Comisión Europea sobre a revisión do regulamento de mobilidade verde e eficiente para o seu seguimento

Os membros da RTA estudian os documentos da Comisión Europea sobre a revisión do regulamento de mobilidade verde e eficiente para o seu seguimento

 03/02/2022  

Responsables dos CES españois, franceses e portugués agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA) participaron nunha reunión virtual para compartir a presentación dos documentos publicados o pasado mes de decembro para Comisión Europea sobre a revisión do regulamento da Red Transeuropea de Transportes (RTE-T Efficient and Green Mobility.

Coa presencia dos CES de Andalucía, Canarias, Castela e León, Estremadura, Galicia e País Vasco, por parte española; o representante do Forum Océano portugués; e os membros dos CESERS franceses de Nouvelle Aquitaine, Bretaña, Pays de la Loire e Normandía, a videoconferencia permitiu o intercambio de ideas e propostas por parte dos diferentes membros da RTA para a elaboración de elementos de análise e unha posible reacción da organización sobre eses documentos da Comisión.

Estes posibles traballos enmarcaríanse na decisión do Comité de Orientacións da RTA, o seu órgano de goberno, de asegurar un seguimento ao proceso de revisión do Regulamento da RTE-T.