inicio - Novas - Mallorca acolle o encontro anual dos CES autonómicos

Mallorca acolle o encontro anual dos CES autonómicos

 27/04/2018  

O CES das Illas Baleares foi o anfitrión do encontro anual dos Consellos Económicos e Sociais autonómicos, que tivo lugar os días 26 e 27 de abril e no que, como é habitual, participou o CES de Galicia coa presencia da presidenta e o secretario xeral. A comunidade balear recuperou a ano pasado o seu Consello, logo de ter sido suspendido na anterior lexislatura.

Na reunión deste ano, a presidenta do CES-Galicia tivo ocasión de presentar diante dos seus homólogos as conclusións e propostas da iniciativa "Por unha alianza no sector industrial galego", ademáis de poñer en común outros proxectos propios e escoitar ideas e experiencias dos outros organismos.

Os asistentes foron recibidos por distintas autoridades autonómicas e tiveron ocasión de asistir á presentación do avance do estudo encargado ao CES polo Goberno balear titulado "As Illas Baleares no horizonte 2030".

Na imaxe, a presidente do CES-Galicia, Corina Porro, flanqueada polos presidentes do CES das Illas Baleares, Carles Manera, e do CES de España, Marcos Peña.