inicio - Novas - Madrid acolle o encontro anual dos CES autonómicos e de España

Madrid acolle o encontro anual dos CES autonómicos e de España

08/06/2016
Organizado polo CES de España, Madrid foi o escenario do encontro anual de presidentes e secretarios xerais dos Consellos Económicos e Sociais das Comunidades Autónomas e do Estado, que se celebrou na capital os pasados días 6 e 7 de xuño. Como é habitual nestas reunións, os responsables destes organismos consultivos puideron intercambiar experiencias, compartir propostas e reflexionar xuntos sobre novas fórmulas ou iniciativas que, nos seus respectivos ámbitos, podan servir para impulsar a participación da sociedade civil organizada e o diálogo en todos os niveis.