|
A área funcional de Lalín,
protagonista do último informe do CES O organismo consultivo da Xunta de Galicia presentará mañá o seu novo traballo na vila pontevedresa
A devandita presentación terá lugar o xoves, 16 de marzo, ás 12:30 horas, no Auditorio Municipal de Lalín (rúa do Parque, s/n) e correrá a cargo do presidente do CES-Galicia, Pablo Egerique Martínez. O alcalde da localidade, José Crespo, será o anfitrión do acto, ao que foron invitados tamén os outros alcaldes dos concellos das comarcas obxecto de estudio.
|
|
Presentación do informe do CES-Galicia sobre a área funcional de Lalín
(comarcas do Deza e Tabeirós–Terra de Montes) Día: 16 de marzo
Hora: 12:30 horas Lugar: Auditorio Municipal de Lalín Rúa do Parque, s/n. Lalín (Pontevedra) O presidente do Consello fará unha breve explicación do contido do estudio, o sétimo da serie sobre as áreas funcionais galegas, e das consideracións dos membros do CES-Galicia nun acto aberto ao público interesado. |
|
|