inicio - Novas - A economía azul na fachada atlántica, nunha xornada de estudo en Vigo

A economía azul na fachada atlántica, nunha xornada de estudo en Vigo

 13/02/2017  

"El relanzamiento de la economía azul en la fachada atlántica" é o título dunha xornada de estudio que, organizada polo CES, celebrarase en Vigo o vindeiro 21 de febreiro. Tres conferencias de primeiro nivel permitirán aos participantes achegarse as novas realidades da economía vencellada ao mar na fachada atlántica europea.

O edificio de sesións da Autoridad Portuaria de Vigo acollará o desenvolvemento da xornada, que abordará os retos que está a plantexar o futuro das comunidades atlánticas para o desenvolvemento sostible e a integración económica das actividades vencelladas ao mar. Os tres ponentes son figuras destacadas nos seus respectivos ámbitos profesionais. O director do Polo Industrial Ibérico do Grupo PSA, Fréderic Puech, falará sobre a industria automovilística como exemplo de integración atlántica. Pola súa banda, a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo será a encargada de explicar os novos modelos que se están a implementar para que o mar sega a ser unha fonte de riqueza. Para rematar, o presidente da Autoridad Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, falará da Estratexia Atlántica e o crecemento azul.

Está previsto que o acto sexa inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia e clausurado pola conselleira do Mar.

A xornada enmárcase nas actividades organizadas polo CES de Galicia co gallo da celebración nesta comunidade da reunión do Comité de Orientacións da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais. Os responsables dos CES atlánticos de Francia, España e Portugal abordarán, entre outros asuntos, o progreso do grupo de traballo sobre a estratexia atlántica, a renovación dos membros do seu equipo de goberno e a elección dunha nova presidencia e as novas vías de traballo para os vindeiros anos.

Inscripción aquí

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon programa84.5 KB