inicio - Novas - Dixitalación, iniciativa e capacidade de adaptación. Presentado o informe sobre novas tecnoloxías para unha sociedade 5.0

Dixitalación, iniciativa e capacidade de adaptación. Presentado o informe sobre novas tecnoloxías para unha sociedade 5.0

 21/10/2022  

A transformación dixital do noso entorno é xá unha realidade, unha revolución que afecta a todos os sectores económicos e sociais e que require iniciativa e capacidade de adaptación. Así o recolle o informe do CES “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”, que onte foi presentado nun acto na Universidade de Vigo que estivo presidido polo reitor da institución académica, Manuel Reigosa e contou coa presencia do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, e do presidente do CES-Galicia, Agustín Hernández.

Unha conferencia do coordinador do equipo que elaborou o documento, o catedrático da Uvigo Xosé H. Vázquez, serviu para exponer os distintos aspectos do fenómeno. O informe completo pode consultarse nesta mesma páxina, na columna da esquerda.

O acto completouse con dous coloquios, un centrado nos aspectos máis tecnolóxicos e empresariais (a dixitalización 4.0) e outro que, coa presencia dos axentes sociais representados no CES, abordou os cambios que atoparemos na sociedade 5.0.