inicio - Novas - O director xeral do IGVS comparece no CES para explicar as novidades previstas no anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, sometido a ditame do organismo

O director xeral do IGVS comparece no CES para explicar as novidades previstas no anteproxecto de Lei de áreas empresariais de Galicia, sometido a ditame do organismo

 09/03/2022  

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García Porto, compareceu hoxe no CES para explicar a filosofía e as novidades que plantexa a nova Lei de áreas empresariais de Galicia. A normativa, aínda en fase de anteproxecto, foi sometida a ditame do Consello. A comparecencia tivo lugar na marco dunha sesión da Comisión sectorial nº 1, encargada do traballo de elaboración do ditame.

García Porto fixo unha exposición dos obxectivos que plantexa a normativa en desenvolvemento e explicou máis polo miúdo as distintas novidades. O director xeral sinalou que unha nova lei é necesaria porque o actual marco normativo é disperso e non existe unha regulación clara en aspectos como, por exemplo, a xestión e a conservación, ademáis de contar cunha planificación a longo prazo. O obxecto da Lei é regular a planificación, ordenación, desenvolvemento e execución das áreas empresariais de interese autonómico; o fomento do acceso ao solo empresarial de titularidade autonómica; e a xestión e conservación das áreas empresariais de Galicia.

O director xeral explicou tamén os criterios de planificación e ordenación de áreas empresariais e do plan sectorial de ordenación das mesmas contemplados na nova norma. No período de alegacións, o anteproxecto recibiú alegacións de distintos organismos e asociación (desde a Federación galega de parques empresariais ata a Deputación de Ourense ou a FEGAMP, por exemplo). Agora ven de ser sometida ao ditame do CES.

Na imaxe. o director xeral do IGVS flanqueado polo secretario xeral do CES e o presidente de turno da Comisión sectorial nº 1.