inicio - Novas - Delegaci��n do comit�� econ��mico e social europeo visita ces
 06/03/2024  

O presidente do CES salienta a importancia dos códigos de boas prácticas nun encontro sobre responsabilidade social corporativa no Círculo de Empresarios

círculo empresarios

O presidente do CES, Manuel Pérez, destacou a importancia da adopción de códigos de boas prácticas para as empresas na inauguración do Encuentro Empresa Responsable, impulsado polo Foro de Responsabilidade Social Corporativa, que se celebrou onte no sede do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo. Na súa intervención, Pérez valorou moi positivamente iniciativas como o Código Ético do Círculo, que poñen o foco en aspectos transversales da actividade empresarial que teñen cada día máis importancia e non poden ignorarse, porque, lembrou, as políticas de RSC aceleráronse nos últimos anos e son obrigatorias en determinadas empresas, pero positivas para todas.

Nese acto inaugural do encontro participou tamén o presidente do Foro de RSC, José Mayo, que insistiu na aposta polas medidas de responsabilidade social como elemento indispensable para o crecemento empresarial.

 04/03/2024  

O Pleno aproba por unanimidade o ditame sobre o anteproxecto de lei de estatística de Galicia

ditame estatística

O Pleno do CES ven de aprobar por unanimidade, na súa sesión de hoxe, o ditame sobre o anteproxecto de lei de estatística de Galicia. O organismo salienta que comparte a necesidade de actualizar a normativa reguladora da estatística de Galicia tendo en consideración o tempo transcorrido desde a vixente Lei 9/1988 de 19 de xullo, así como o importante desenvolvemento das tecnoloxías de información e os medios electrónicos e a potencialidade das novas fontes de datos. O documento pode ser consultado nesta mesma páxina.

 28/02/2024  

Xornada de debate sobre as conclusións do informe sobre dinámica empresarial

debate CS-1

Os membros do CES celebraron, no marco dunha sesión da Comisión sectorial nº 1, unha xornada de debate para afondar nas conclusións que se acadaron no recente informe "Tecido empresarial galego e dinâmica empresarial. Análise comparada", aprobado polo Pleno do CES o pasado 4 de decembro. As distintas organizacións expresaron as súas opinións sobre as máis de treinta propostas concretas que recolle o documento de cara a eliminar ou aminorar as dificultades que atopan as empresas gallegas para gañar dimensión e posición no mercado.

As tres conclusións principais, que se acadaron por unanimidade dos membros, foron as seguintes:

• Necesidade de procurar un equilibrio na distribución territorial das empresas en Galicia, impulsando a súa implantación máis alá dos polígonos industriais das áreas metropolitanas.

• A necesidade de poñer en valor os procesos de emprendemento daquelas empresas que se dedican á integración e ao traballo cos colectivos máis desfavorecidos e/ou modelos de gobernanza que favorezan a participación das persoas.

• A necesidade de fomentar o espírito emprendedor nas novas xeracións dende idades máis tempranas.

 23/02/2024  

Saúde mental, nova mobilidade, alimentación sostible e xestión de residuos, temas para os novos informes que abordará o CES en 2024

saúde mental

A Comisión Permanente do CES acordou na súa sesión do mércores, dentro do plan de traballo do organismo para este ano, a elaboración de catro novos informes. A través dun mecanismo de colaboración coas tres Universidades públicas galegas, o Consello analizará a situación da saúde mental e a súa atención en Galicia, tratará os retos das novas formas de mobilidade que impón a transición enerxética, tentará afondar nos desafíos do abastecemento de alimentos sostibles e a súa relación coa xestión do territorio galego e, por último, abordará un enfoque integral da xestión dos residuos de todo tipo na procura dunha economía circular.

Os equipos de investigación que abordarán os informes e as distintas comisións sectoriais de traballo do CES que colaborarán nos mesmos presentarán as súas conclusións nos vindeiros meses.

 25/01/2024  

O DIRECTOR XERAL DO IGE COMPARECE ANTE A CS1 PARA EXPLICAR O ANTEPROXECTO DA LEI DE ESTATÍSTISCA DE GALICIA

O director xeral do IGE, Jose Antonio Campo Andión, compareceu ante a Comisión Sectorial 1 que está a levar a cabo os traballos de elaboración do ditame do anteproxecto da lei de estatística de Galicia, para explicar o por qué deste texto e as novidades que nel se introducen con respecto á lei anterior.

 23/01/2024  

ENTREGA DO PREMIO VALENTÍN PAZ ANDRADE DE INVESTIGACIÓN EN MATERIA SOCIOECONÓMICA

Premio Valentín Paz Andrade José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia correspondente a 2023, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES).

Páxinas