inicio - Novas - O Consello participa nunha reunión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

O Consello participa nunha reunión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

 31/03/2022  

O CES participou hoxe na reunión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, celebrada vía videoconferencia. Na xuntanza, os membros acordaron a creación de dous novos grupos de traballo no observatorio, un adicado a Formación e Innovación e outro a Benestar e saúde. Estes novos grupos concíbense como espazos de intercambio de coñecemento, análise e reflexión que teñen como obxectivo realizar propostas de actuación no seu respectivo ámbito temático. Esas propostas serán sometidas a consideración do Pleno do Observatorio.

Na reunión presentouse tamén aos participantes a nova páxina web da entidade.