inicio - Novas - Conferencia sobre a Rede Transnacional Atlántica

Conferencia sobre a Rede Transnacional Atlántica

 19/11/2015  
A xénese histórica, a filosofía, o modo de funcionamento, os distintos traballos abordados, a labor actual e os plans de futuro da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de consellos económicos e sociais. Todos estes aspectos foron abordados nunha conferencia dirixida aos membros do CES-Galicia pola responsable técnico do CES vasco desa organización, Arantza López de Munain, celebrada na sede deste organismo. A ponencia foi introducida polo presidente do CES vasco, Francisco José Huidobro. Na súa exposición, López de Munain fixo unha aproximación ás primeiras reunións dos CES franceses e españoles, a acta de fundación da organización, con presencia de organismos consultivos destes países e tamén británicos e portugueses. Diante dunha audiencia de representantes das distintas organizacións membros do Consello, debuxou un repaso dos distintos informes que ten elaborados a RTA antes de, xa na parte final do acto, presentar os traballos nos que se está a traballar. Salientou a fructífera colaboración que a rede ten establecido co Comité Económico e Social Europeo, como vía para facer chegar ás máis altas instancias comunitarias as opinións e pronunciamentos da sociedade civil que representan .