inicio - Novas - O Comité Executivo da RTA reúnese en París

O Comité Executivo da RTA reúnese en París

23/05/2018
A sede do Instituto Cervantes en París foi onte o esceario da reunión do Comité Executivo da Rede Transnacional Atlántica (RTA), na que o CES de Galicia estivo representado pola presidenta e mais o secretario xeral do organismo. Entre outros asuntos, os membros da executiva analizaron o estado de situación do grupo de traballo de Estratexia Atlántica da RTA. Tamén puxeron en común a situación do estudo sobre o Brexit que xa está en marcha e prepararon a reunión xeral do Comité de Orientacións, que terá lugar o vindeiro outono.