inicio - Novas - A Comisión Permanente celebra a súa primeira sesión presencial trala pandemia

A Comisión Permanente celebra a súa primeira sesión presencial trala pandemia

 30/09/2021  

Por primeira vez desde o comezo da pandemia, a Comisión Permanente do CES celebrou hoxe unha sesión presencial. Para cumprir con todos os protocolos de seguridade covid, a reunión tivo lugar na sala do Pleno. Os membros amosaron a súa confianza en que este sexa o primeiro paso para recuperar a normalidade.