inicio - Novas - A Comisión Permanente asiste á presentación do informe sobre a xestión integral do risco nas empresas de Galicia

A Comisión Permanente asiste á presentación do informe sobre a xestión integral do risco nas empresas de Galicia

 26/01/2022  

Elaborado a iniciativa da Fundación Inade, o estudio conclúe a necesidade da posta en marcha dun Observatorio de riscos empresarias de Galicia

Os membros do CES tiveron ocasión de asistir hoxe á presentación do estudio “La gestión integral del riesgo (ERM) y el seguro” no marco dunha sesión da Comisión Permanente. Elaborado pola USC por encargo da Fundación Inade, o informe é unha completa analise do sector empresarial galego neste campo que se elabora cada cinco anos. Entre as súas conclusións, o estudio propón a creación dun Observatorio de riscos empresariais de Galicia co obxectivo de promover entre as empresas galegas unha cultura da xestión do risco.

Logo dunha introducción da iniciativa a cargo do presidente da Fundación Inade e do director desa entidade, os directores do equipo que redactou o informe, Luis Otero e Pablo Durán, da USC, explicaron polo miúdo a metodoloxía que crearon para a análise, os seus obxectivos e as principais conclusións do traballo.

Os membros do CES adicaron parabéns ao documento e a Comisión Permanente valorará a posición do organismo sobre ese posible observatorio.

Na imaxe, desde a esquerda, os profesores Luis Otero e Pablo Durán, da USC; o presidente do CES, o presidente da Fundación Inade, José Ramón Santamaría Barreiro, e o director da mesma, Adolfo Campos Carballo.