inicio - Novas - Coloquio sobre a situación e o futuro do sector pesqueiro organizado pola Federación de Confrarías

Coloquio sobre a situación e o futuro do sector pesqueiro organizado pola Federación de Confrarías

 08/03/2024  

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores celebrará este vindeiro martes, 12 de marzo, unha mesa redonda para afondar na realidade actual e o futuro da actividade pesqueira en Galicia. A xornada, que conta coa colaboración do Consello Económico e Social, terá lugar nos locais da organización en Ames. Titulado A situación actual do sector pesqueiro e perspectivas de futuro: visión desde Galicia, o coloquio abordará asuntos como o impacto da eólica mariña no sector, a rebaixa do IVE do peixe, a protección dos mamíferos mariños ou o impacto da mortandade de moluscos nas rías, entre outros. O debate comezará as 10:30 horas e contará coas opinións do director xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Antonio Basanta Fernández; do presidente da Federación Nacional de Confrarías, José Basilio Otero Rodríguez; do presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez Álvarez; e do presidente da Federación Galega de Confrarías, José Antonio Pérez Sieira.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon cartel programa639.87 KB