inicio - Novas - O CES presentará o vindeiro martes o seu informe "Por unha alianza no sector industrial galego"

O CES presentará o vindeiro martes o seu informe "Por unha alianza no sector industrial galego"

22/02/2018

Un acto que reunirá en Santiago a protagonistas do sector manufactureiro, axentes socioeconómicos e representantes políticos servirá para presentar públicamente o último informe do Consello Económico e Social de Galicia, "Por unha alianza no sector industrial galego: 50 propostas". A presentación terá lugar no Hostal dos Reis Católicos compostelán o vindeiro martes, 27 de febrero, ás 12:00 horas.

A iniciativa do CES contou cunha activa participación do sector e concretouse nun completo informe de consenso que se sustancia en 50 propostas sobre as necesidades que ten o sector para afrontar os enormes retos que significan os cambios tecnolóxicos que se están a producir na industria e as súas consecuencias para o seu futuro e sobre o emprego.

documentos relacionados: