inicio - Novas - O CES presenta o seu informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia

O CES presenta o seu informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia

 09/06/2021  

Temporalidade, precariedade, subemprego... a situación laboral dos máis novos no mercado de traballo, que xa era complicada, empeorou primeiro coa gran crise de 2008 e, recentemente, coa covid-19.

O problema do desemprego xuvenil ten importantes efectos económicos e sociais que, entre outros, afectan negativamente ao crecemento económico, á eficiencia, a produtividade, a distribución da renda ou a desigualdade. Ademais dos impactos macroeconómicos, non son menos importantes os efectos microeconómicos relacionados cos danos permanentes que, situacións prolongadas de desemprego, provocan na carreira profesional dos traballadores máis novos.

Consciente da complicada realidade da poboación xuvenil no acceso ao emprego, o CES presentou hoxe o seu “Informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia”, recentemente aprobado en sesión plenaria. Trátase dunha análise rigorosa da poboación activa xove, o seu grao de ocupación, o desemprego, a inserción laboral ou a distribución territorial de emprego e desemprego.

A presentación contou coa presencia do equipo redactor do documento, dirixido polo profesor da USC Alberto Meixide, que foi o encargado de explicar a análise realizada e as súas conclusións, e da presidente da turno da comisión responsable do traballo no CES, Maica Bouza, do CCOO. Tamén participou a directora xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, que explicou as distintas iniciativas que lidera o seu departamento para mellorar o acceso dos xovenes ao mercado de traballo e as súas perspectivas de consolidación do emprego.

O documento pode xa está dispoñible na web do Consello.

Na imaxe, desde a esquerda, o secretario xeral do CES, Manuel Martínez; o profesor Alberto Meixide, da USC; a directora xeral de Emprego, Covadonga Toca; e Maica Bouza, membro do CES en representación de CCOO e presidenta de turno da comisión responsable do informe.

traballos relacionados: