inicio - Novas - O CES presenta na Universidade da Coruña o seu informe sobre o sector enerxético galego

O CES presenta na Universidade da Coruña o seu informe sobre o sector enerxético galego

 15/05/2023  

Coa presencia do reitor, Julio Abalde, do presidente do CES, Agustín Hernández, e do equipo investigador, dirixido polo profesor Fernando de Llano, a Universidade da Coruña foi o esceario da presentación pública do informe do Consello sobre o sector enerxétio galego, recentemente aprobado polo Pleno do organismo.

Os autores do informe explicaron polo miúdo as características do sector en Galicia, as súas condicións, infraestruturas, situación dos mercados e os esforzos de descarbonificación levados a cabo pola industria, aínda que incidiron tamén nos problemas que se atopan neste proceso, por exemplo no eido da mobilidade no rural. O informe apunta tamén as perspectivas de futuro, con enerxías verdes e alternativas e os incentivos que están a recibir, e salienta a necesaria cooperación entre os distintos axentes implicados, de toda a sociedade, para unha mellor gobernanza dos cambios que se prantexan e maior equidade e beneficio para o conxunto da sociedade.

O documento foi elaborado a través dun convenio de colaboración entre a institución docente e o organismo consultivo, nunha fórmula que tenta aproveitar o coñecemento das universidades galegas para mellorar os distintos informes do Consello.

O informe pode consultase na páxína web do CES-Galicia.

Na imaxe, desde a esquerda, Agustín Hernández, Julio Abalde e Fernando de Llano.