inicio - Novas - O CES participa no II Foro de Economía Prospectiva de Galicia

O CES participa no II Foro de Economía Prospectiva de Galicia

 21/10/2021  

No marco do II Foro de Economía Prospectiva de Galicia, que se celebra na Coruña, e logo da intervención inaugural da vicepresidenta primera do Goberno e ministra de Economía, Nadia Calviño, e da conferencia do economista e exministro de Administraciones Públicas Jordi Sevilla, o presidente do Consello Económico e Social de Galicia participou, xunto cos representantes sindicais, nunha mesa redonda sobre o futuro do emprego industrial na comunidade autónoma.

Moderados polo periodista José Luis Gómez, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril; a secretaria de Emprego, Política Social e Políticas Públicas de Protección do CCOO, Maica Bouza; o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; e o presidente do CES, Agustín Hernández, compartiron a importancia de manter o sector industrial como fonte de emprego de calidade e puxeron de manifesto o necesario compromiso coa súa consolidación.

O encontro, organizado pola UIMP baixo a dirección do catedrático Fernando González Laxe, trata de reflexionar sobre e presente para anticipar a configuración do futuro e concebir estratexias de actuación “para ver e pensar o mundo que virá”.