inicio - Novas - O CES participa no Comité de Orientacións da RTA en Bruselas

O CES participa no Comité de Orientacións da RTA en Bruselas

21/09/2016
A presidenta e o secretario xeral do CES participaron na reunión do Comité de Orientacións da Rede Transnacional Atlántica (RTA) de CES, celebrada en Bruselas. A agrupación de organismos consultivos económicos e sociais planificou as súas actuacións para os viindeiros meses e debateu, entre outros aspectos, sobre as relacións entre a RTA e as insitucións europeas, para atopar un xeito de afondar nelas e facelas máis fructíferas. A organización está a reforzarse con novas membros. A última incorporación á rede, aprobada nesta reunión, foi a do CES de Castela e León, que se incorpora como membro de pleno dereito por compartir o interese común na mellora do desesnvolvemento atlántico e por formar parte do corredor de transporte europeo que vertebra esta área da Unión Europea. Na imaxe, a presidenta do CES, Corina Porro, e o secretario xeral, Juan Gallego, flanquean ao presidente da RTA, Michel Hortolan.