inicio - Novas - O CES lidera unha alianza dos actores socioeconómicos polo futuro do sector industrial

O CES lidera unha alianza dos actores socioeconómicos polo futuro do sector industrial

 02/06/2017  
“Por unha alianza no sector industrial galego” é o título dunha iniciativa que lidera o Consello Económico e Social de Galicia sobre la industria, que ven de ser presentada nunha sesión plenaria de carácter extraordinario celebrada hoxe. Todas as organizacións representadas neste órgano consultivo, nol que están presentes sindicatos, empresarios, universidades, consumidores…, decidiron ademáis aprobar unha declaración institucional sobre ese asunto.. Para respaldar coa sú presenza esta iniciativa, estiveron presentes no Pleno, ademáis dos membros do Consello, os reitores das tres universidades galegas (o de Vigo delegó nun dos seus vicerreitores), o presidente da CEG, o novo secretario xeral de Comisións Obreiras, outros representantes dos sindicatos, ademáis do director do IGAPE e mais o do IDEGA. Todos eles gabarros a oportunidade de levar a cabo o estudo proposto polo CES para relanzar un sector que, pola súa capacidade de arrastre para o conxunto da economía, resulta fundamental para o futuro de Galicia e o seu desenvolvimento sostible. Esta iniciativa, cuxos traballos durarán en torno a un ano, pretende conseguir o consenso dos interlocutores sociais sobre as liñas a seguir para garantir o futuro da industria e os seus servizos asociados. Segundo os seus promotores, o CES, como foro permanente de diálogo entre as organizacións que conforman o tecido económico e social e as instituciones autonómicos, é o marco idóneo para acometer esta tarefa. “Abordamos este traballo como una forma de ampliar a participación dos axentes socioeconómicos no labor de interlocución do CES”, salientou a presidenta do organismo, Corina Porro. Para a presidenta, “este estudo non substitúe a ninguhna das iniciativas anteriores que, con notable éxito, se teñen realizado desde outras organizacións e desde a propia Xunta de Galicia a través del Igape”. A idea do Consello é complementar os esforzos xa feitos para atopar unha visión compartida “que nos una a todos na procura dun empuxe sostido ao noso sector industrial". Porro, logo de agradecer a presencia e a colaboración de todas as entidades, institucións, asociacións e empresas que se suman á iniciativa, lembrou que “apostamos polo liderado do CES, pero abordamos este reto cunha metodoloxía participativa na que queremos contar con todos os distintos actores con presenta no sector: con empresas, asociaciones, universidades, sindicatos, centros tecnológicos, Administración Pública…” Os traballos, que xa están en marcha, serán coordinados polo profesor da Universidade de Vigo Xosé Henrique Vázquez.
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon declaración industria.pdf363.45 KB