inicio - Novas - O CES investigará os impactos económicos e socias da covid-19 en Galicia

O CES investigará os impactos económicos e socias da covid-19 en Galicia

 04/02/2022  

A Comisión Permanente do CES aprobou na súa sesión de hoxe a elaboración dun traballo de investigación sobre o impacto da covid-19 en Galicia e as consecuencias económicas e sociais da pandemia en diversos ámbitos. O informe levarase a cabo a través dun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo do informe é ofrecer unha análise rigorosa dos principais impactos que a crise da covid-19 está tendo sobre a economía galega e o seu tecido produtivo, así como das consecuencias sociais dos mesmos. A tales efectos combinará o estudo a partires das principais fontes estatísticas coa realización de entrevistas estruturadas e en profundidade a unha mostra de axentes económicos e sociais (empresarios, clústeres, asociacións empresariais, sindicatos, administración pública, etc.).

Ademais da análise pormenorizada dos datos, o estudo fará fincapé nunha análise de tipo cualitativo que permita diferenciar os efectos transitorios e permanentes da pandemia na economía galega. Neste contexto, avaliaranse as políticas públicas postas en marcha para minimizar o seu impacto económico. Complementariamente, para mitigar as consecuencias da pandemia asociadas ao forte crecemento do desemprego e das desigualdades, se despregaron políticas sociais específicas que puxeron o foco nos colectivos más vulnerables diante da crise económica, e que tamén serán obxecto de análise neste traballo.

Está previsto que o estudio esté rematado a finais deste ano.