inicio - Novas - O CES Galicia continúa a traballar no debate institucional sobre a rede europea de transportes no marco da Rede Transnacional Atlántica

O CES Galicia continúa a traballar no debate institucional sobre a rede europea de transportes no marco da Rede Transnacional Atlántica

 28/01/2021  
Os CES membros da Rede Transnacional Atlántica (RTA) seguiron a traballar no debate institucional sobre a rede transeuropea de transportes (RTE-T). Os Consellos de España xa elaboraron, en novembro de 2020, un documento conxunto sobre as súas prioridades para o corredor atlántico (pode consultarse no enlace abaixo), con consenso dos participantes, que sirve de punto de partida para continuar afondando no estudo da situación e as prioridades para o futuro. Neste intre, o CES Galicia recibiu por parte da RTA, para a súa validación, o novo documento "Cara unha revisión da RTE-T para o Espazo Atlántico" e xa traballa nel.
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon prioridades RTA1.06 MB