inicio - Novas - O CES de España presenta en Marín o seu informe “Mulleres, traballo e coidados: propostas e perspectivas de futuro”.

O CES de España presenta en Marín o seu informe “Mulleres, traballo e coidados: propostas e perspectivas de futuro”.

 12/09/2022  

A xornada do vindeiro mércores completarase cun coloquio con traballadoras do sector do mar

“Mulleres, traballo e coidados: propostas e perspectivas de futuro” é o título dun recente informe do Consejo Económico y Social (CES) de España que se presentará este vindeiro mércores na localidade pontevedresa de Marín. A presentación, que se celebrará no museo Manuel Torres desa cidade, correrá a cargo da conselleira do CES Elena Blasco Martín, presidenta da comisión de traballo encargada da redacción do documento.

O informe analiza a situación sociolaboral e os impactos da covid-19 na acentuación dos roles de xénero e as consecuencias no emprego, ocupacións e condicións de traballo, para logo centrarse no esceario postcovid e a necesidade dunha recuperación igualitaria, cunha perspectiva de xénero no Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Un último capítulo adícase a conclusións e propostas, con ideas como o reparto equitativo de tempos, traballaos e coidados ou garantir a participación equilibrada de mulleres e homes en todas as esferas.

Na apertura do acto está prevista a presencia do presidente do CES, Antón Costas; do seu homólogo do CES-Galicia, Agustín Hernández; e da alcaldesa de Marín, María Pilar Ramallo.

A xornada completarase cun coloquio entre traballadoras do sector do mar, coa participación de representantes das organizacións sindicais, das empresas y das confrarías de pescadores, segundo os tres grupos de entidades que configuran o CES. A clausura da xornada contará coa conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana.

VER PROGRAMA

documentos relacionados: