inicio - Novas - O CES de España presenta en Galicia o seu informe sobre a reforma da Política Pesqueira Común europea

O CES de España presenta en Galicia o seu informe sobre a reforma da Política Pesqueira Común europea

14/06/2013

O Consejo Económico y Social vai presentar en Galicia o seu informe sobre a reforma da Política Pesqueira Común, nunha xornada que terá lugar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo,  o vindeiro 25 de xuño. A especial relevancia do sector pesqueiro e o complexo mar-industria para o tecido económico e social galego, e a importancia da pesca galega no conxunto español, decidiron ao órganismo consultivo, en colaboración co CES-Galicia, a achegar as conclusións do seu estudio aos representantes do sector nestas terras.
 
A presentación será inaugurada polo presidente do CES, Marcos Peña, e a presidenta do CES-Galicia, Corina Porro, e a clausura correrá a cargo da conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana. A xornada, aberta a todo o sector, contará tamén coa presencia do secretario general de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Carlos Domínguez Díaz, quen pronunciará unha conferencia titulada “La reforma de la PAC: visión de España”.
 
O informe elaborado polo Consejo Económico y Social de España analiza o impacto económico, social e ambiental da reforma do sector acordada no marco europeo. Con esta aportación, da man dos representantes dos distintos estamentos da sociedade civil, o CES contribúe ao debate e á reflexión sobre o marco que se está a perfilar, no que están en xogo distintas cuestións definitivas para a configuración do sector pesqueiro na vindeira década, de xeito particular o sector español e, por ende, do galego.
 
A dita reforma da Política Pesqueira Común pretende sentar as bases dunhas pesquerías sostibles, respetuosas co ecosistema, que contribúan á prosperidade das comunidades costeiras e á rendibilidade das industrias de producción e transformación dos produtos da pesca. Tamén, que as actividades vencelladas ao sector ofrezan postos de traballo atractivos e máis seguros y que sexan capaces de proporcionar aos cidadáns europeos productos saudables e de alta calidade.
 
O xornada está aberta á participación de calquera cidadán interesado. Se vostede quere acudir á presentación do informe pode cubrir o seguinte formulario de inscrición.
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
Microsoft Office document icon Programa completo da Xornada69 KB