inicio - Novas - O CES e o Colexio de Enxeñería en Informática colaborarán para que Galicia sexa máis dixital

O CES e o Colexio de Enxeñería en Informática colaborarán para que Galicia sexa máis dixital

 02/07/2021  

Ambas entidades organizarán cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación, editarán libros, publicacións e documentos de traballo e promoverán a actividade investigadora

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e o Consello Económico e Social (CES-Galicia) asinaron hoxe un convenio para o establecemento dun marco de colaboración entre ambas entidades que permita que Galicia sexa máis dixital. O acordo, que se selou na sede do Consello en Santiago, foi rubricado polos presidentes de ambas institucións, Fernando Suárez do CPEIG e Agustín Hernández do CES- Galicia.

A colaboración, con vixencia dun ano, permitirá a realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación, a edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo e promoverá a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos compartidos.

Na imaxe, Agustín Hernández e Fernando Suárez, na sede do CES.