inicio - Novas - O CES considera inaprazable a modernización da rede ferroviaria galega e esixe a priorización dos proxectos de infraestruturas de transporte correspondentes ao corredor atlántico

O CES considera inaprazable a modernización da rede ferroviaria galega e esixe a priorización dos proxectos de infraestruturas de transporte correspondentes ao corredor atlántico

 20/12/2021  

O Consello Económico e Social ven da aprobar un manifesto no que considera “unha tarefa inaprazable” a modernización da rede ferroviaria galega e esixe as Administracións con competencias en materia de transportes a priorización dos proxectos de infraestruturas de transporte correspondentes ao corredor atlántico para acadar un incremento da participación do ferrocarril no transporte de mercadorías.

O organismo consultivo expresa tamén que cómpre a execución coa máxima prioridade das conexión das instalacións portuarias co corredor ferroviario, garantindo una correcta intermodalidade, aproveitando a posición privilexiada da fachada noroeste en relación cos tráficos de América Latina e Estremo Oriente, e tamén a priorización da conexión con Portugal a través da saída sur de Vigo.

Outros puntos do manifesto aprobado por unanimidade falan da aprobación dunha programación das actuacións necesarias para mellorar a rede ferroviaria galega con dotación realista, suficiente e plurianual e a implantación dun mecanismo de seguimento transparente, continuo e accesible que permita comprobar a execución das partidas previstas; da planificación, programación e execución das actuacións pendentes na rede ferroviaria galega baixo una visión de país: global, equilibrada e conxunta que posibilite un desenvolvemento equilibrado e cohesionado; e, para rematar, da programación e mobilización dos fondos do período 21/27, así como dos fondos do plan de recuperación, transformación e resiliencia con criterios de cohesión equilibrio territorial e equidade, co obxecto de acadar un desenvolvemento territorial xusto.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
Ficheiro manifiesto rede ferroviaria38.31 KB