inicio - Novas - O CES actualiza o seu informe sobre o transporte marítimo na fachada atlántica

O CES actualiza o seu informe sobre o transporte marítimo na fachada atlántica

 29/11/2012  

O Consello Económico e Social de Galicia ven de actualizar o seu informe sobre o transporte marítimo nas rexións do Arco Atlántico europeo, nunha iniciativa conxunta cos organismos consultivos agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos CES europeos da fachada atlántica. Co título Puertos y transporte portuario, o estudio é unha posta ao día do seu anterior traballo A intermodalidade no transporte de mercadorías: portos e hinterland, realizado en 2005.

O informe foi aprobado na última reunión do Comité de Orientacións da RTA, celebrada na cidade francesa de Limoges o pasado 21 de novembro e na que participaron a presidenta do CES, Corina Porro, e o secretario xeral do organismo, Juan José Gallego Fouz. Xunto a este documento, dirixido polos representantes de Galicia, en concreto polo membro do CES-Galicia pola Universidade de Vigo, Juan C. Surís, coa colaboración do Gabinete Técnico do organismo, a RTA actualizou senllos informes sobre a enerxía eólica e a seguridade marítima.

Un documento de síntese coas principais conclusións do estudio pode consultarse aquí, como adianto á publicación do informe completo.

No informe, a RTA lembra que o transporte maritimo é un elemento fundamental para a prosperidade económica e social de Europa, tanto para as zonas portuarias como para as súas áreas de influencia.
Asuntos clave para o desenvolvemento destas infraestruturas, como as autopistas do mar, a intermodalidade, as conexións ferroviarias ou a demanda dun impulso para os corredores multimodales de mercadorías son tamén destacados no estudo, que non olvida a importancia do cabotaxe e o desenvolvemento da investigación mariña como elementos estratéxicos para as rexións do Arco Atlántico.
documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon sintesisRTA.pdf82.2 KB