inicio - Novas - Os axentes económicos e sociais achéganse á problemática das demencias

Os axentes económicos e sociais achéganse á problemática das demencias

 25/09/2018  

Os axentes económicos e sociais representados no CES tiveron ocasión de achegarse á preocupantes problemática das demencias na xornada "Envellecemento e demencias neurodexenerativas en Galicia", que se celebrou onte. Organizado en colaboración coa Federación Alzheimer Galicia (Fagal), o encontro reuníu na sede do Consello a expertos en distintos ámbitos para ofrecer una visión multidisciplar deste fenómeno, unha das principais preocupacións para o futuro de Galicia.

Como lembrou a presidenta do CES, Corina Porro, na súa presentación, preto de 50.000 persoas están afectadas directamente por estas dolencias, pero o seu alcance é moito maior, porque afecta moi duramente a coidadores e familia en xeral, afección que é máis grave pola avanzada idade da poboación de Galicia.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuiña, que participou no acto inaugural da sesión, centrou a súa intervención na necesidade dunha atención multidisciplinar para os afectados, cun enfoque integrado entre os servicios sociais e os sanitarios. Tamén salientou a importancia da investigación para a detección precoz da enfermidade.

O presidente de Fagal, Juan Carlos Rodríguez, tivo ocasión de facer chegar aos membros do CES a idea que que é necesario que a sociedade no seu conxunto se implique nesta problemática e que sexa solidaria cos afectados e as súas familias.

A atención as personas cunha demencia en Galicia foi abordada na súa doble vertente sanitaria e social por representantes da Xunta e os asistentes poideron ver tamén o impacto económico destas dolencias, tanto nos esus custos directos como os indirectos.

A xornada rematou cunha mesa redonda a cargo dos representantes das organizacións representadas no CES, que amosaron a implicación dos axentes socioeconómicos neste asunto.

Na imaxe, Corina Porro, Jesús Vázquez Almuina, Juan Carlos Rodríguez e Juan José Gallego, na inauguración da xornada.