inicio - Novas - Alegacións do CES ao borrador do Plan galego contra a trata de seres humanos

Alegacións do CES ao borrador do Plan galego contra a trata de seres humanos

 27/04/2022  

No marco do proceso participativo de consultas ás entidades e organismos aberto polos seus promotores, o CES presentou as súas alegacións ao borrador do Plan galego contra a trata de seres humanos con fins de explotación sexual 2022-2024. Nas súas observacións, o Consello valora positivamente a posta en marcha do plan, aínda que salienta que bota en falta un cronograma do mesmo e tamén a súa dotación orzamentaria ou mecanismos de avaliación dos seus resultados. En palabras do CES, “resulta necesario contemplar as medidas e recursos mediante unha concreción en prazos, orzamentos e mecanismos de posta en marcha das medidas, para conseguir a efectividade do plan”. Ademáis, o Consello estima que cómpre garantir que a súa duración extenderase máis aló do 2024 e que haberá un fortalecemento do traballo neste eido.

Na imaxe, unha captura da sesión virtual da Comisión Permanente do CES que aprobou o documento.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon Doumento de alegacións464.13 KB