inicio - Novas - 4ª Sesión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

4ª Sesión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

19/12/2018
O 19 de decembro celebrouse no Salón de plenos do Consello Económico e Social de Galicia a 4ª Sesión do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, na que se presentou e aprobou por unanimidade a segunda parte do Informe Galicia: perspectivas demográficas: Análise DAFO e CAME. Este informe senta as bases que servirán para deseñar as medidas que axuden a revitalizar e dinamizar a demografía de Galicia e orientarán a futura lei de impulso demográfico, que será aprobada nos primeiros meses do 2019, para reverter a tendencia poboacional. A Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, presidiu a sesión deste órgano no que están representadas as administracións, os grupos parlamentarios, as universidades, os sindicatos, os empresarios, entidades sociais e profesionais e expertos nesta materia.