NOVAS

O organismo consultivo aproba un proxecto de orzamento de 1.046 miles de euros

O Consello Económico e Social prepara un informe sobre Vigo e a súa área de influencia

O Pleno aprobou o ditame sobre o anteproxecto de Lei de protección dos consumidores

 
 
Santiago de Compostela.
O Consello Económico e Social está a iniciar os traballos para elaborar un informe, a iniciativa propia, sobre Vigo e a súa área de influencia, que se enmarca na serie de estudos territoriais que este organismo consultivo ven desenvolvendo case desde a súa creación. A de Vigo é a ultima área da serie e para abordar a súa análise o organismo consultivo vai introducir dúas novedades, unha de ámbito xeográfico e outra metodolóxica. Se ata agora os informes abarcaban as antigas áreas funcionais, división territorial superada pola realidade actual, este estudo fará referencia á área de influencia, coa ría como eixo vertebrador da realidade socioeconómica de Vigo. No eido metodológico, o informe ten como obxectivo incorporar un maior contido valorativo e contar con opinións autorizadas nos ámbitos económicos e sociais da área.

Na súa última sesión plenaria, celebrada hoxe, o Consello aprobou o seu ditame sobre o anteproxecto de Lei de protección xeral dos consumidores de Galicia, cunha valoración en xeral favorable ao texto, aínda que con senllos votos particulares da Confederación de Empresarios de Galicia e dos representantes dos consumidores e usuarios. O documento está dispoñible na web do organismo: www.ces-galicia.org.

Na mesma reunión, o Pleno do CES aprobou o seu proxecto de orzamentos para 2012, que contempla unha cantidade de 1.046 miles de euros para abordar as tarefas consultivas e de representación das organizacións da sociedade civil organizada que lle encomenda ao organismo a súa lei de creación.


Portada ditame protección consumidores
(1.100 kb)
Ditame sobre o anteproxecto de Lei galega de protección xeral dos consumidores
 
Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS! Icono de conformidade co Nivel A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI © CES-GALICIA