inicio - Novas - “Debemos mobilizar todas as vontades para consolidar a transformación do sector industrial”, destaca a presidenta

“Debemos mobilizar todas as vontades para consolidar a transformación do sector industrial”, destaca a presidenta

 31/10/2017  

Xornada sobre retos e tendencias no sector industrial celebrada en Vigo

“Cómpre mobilizar todas as vontades necesarias para consolidar a transformación do sector industrial galego cara a un ecosistema capaz de consolidarse como centro xeográfico de producción material de certos bens e servizos avanzados”. Así o indicou a presidenta do CES, Corina Porro, na inauguración da xornada "Tendencias sectoriais e retos comúns na industria galega" que, enmarcada na iniciativa "Por unha alianza no sector industrial gallego", se celebrou en Vigo.

Organizada polo CES coa colaboración do Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Igape, a xornada reuniu a destacados representantes do sector, dos centros de coñecemento e dos axentes económicos e sociais. Na intervención inaugural, a delegada do Estado no Consorcio, Teresa Pedrosa, falou dun mundo cambiante, que se move moi rápido, e da "necesidade de seguir traballando para incrementar o número de empresas exportadoras". Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, indicou que a clave da adaptación ao cambio está na innovación.

E de innovación, dixitalización e novos retos falaron os ponentes da primeira mesa do día, representantes de distintos sectores punteiros, desde os servizos avanzados ao textil ou a automoción. De seguido, os representantes dos axentes socioeconómicos puxeron o acento nas ameazas que os novos procesos en marcha poden significar para o emprego, a súa calidade e insistiron na necesidade de formación.

Profesionais, empresarios, sindicalistas e representantes das administraciones púbicas coincidiron na importancia de sumar esforzos e na necesidade de colaboración entre a esfera pública e as privadas. Como salientou a presidenta do CES, lembrando a filosofía da iniciativa, “a suma de esforzos e a creación de consensos é fundamental para a construcción do futuro da industria galega".