inicio - Node
Os grupos de traballo do Observatorio galego de dinamización demográfica comezaron coas reunións para elaborar a segunda fase do informe "Galicia, perspectivas demográficas", que analiza o futuro previsible para a población galega.
 
 
Representantes do Foro pola economía social galega –que agrupa á Unión de Cooperativas de Galicia (EspazoCoop), a Asociación de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego ( Cegasal), a Agrupación de Sociedades Laborais de Galicia ( Aesgal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia ( Aeiga)– visitaron o CES e, nunha entrevista coa súa presidenta, plantexaron a posibilidade de incorporación da representación deste colectivo no Consello.
 
 
O CES acolleu a reunión do Comité de Seguimento do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, que tuvo lugar o pasado día 23 de maio. Técnicos de distintos departamentos autonómicos e ministeriais analizaron, entre outros asuntos, o informe de execución da anualidades 2017 do programa.
 
 

Universidade de Vigo

Convenios de colaboración coa UVigo

Páxinas

Subscribe to Consello Económico e Social de Galicia  RSS