inicio - Node

O Consello Económico e Social vai participar no grupo de traballo de Desenvolmento Social, dentro da Comisión Interdepartamental de Seguimento da Axenda 2030 en Galicia. O grupo, coordenado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, contará un membro do Gabinete Técnico do CES como interlocutor para as cuestións relativas á implementación dos obxectivos de desenvolvemento sustentable e das metas sociais da Axenda 2030.

 
 

A presidenta do CES, Corina Porro, viaxou a Oporto para participar nos actos do 50º aniversario da Comisión de Coordenación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), que reuniu na cidade lusa a distintos persoeiros do país veciño e de Galicia.

 
 
Con iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), o CES foi o esceario elixido para a posta en marcha dun grupo de traballo entre consumidores e produtores que ten como obxectivo valorizar os produtos amparados baixo as denominacións de orixe protexidas (DOP) e as indicadións xeográficas protexidas (IXP). O grupo ten prevista unha nova reunión o vindeiro 25 de febreiro.
 
 
A presidenta do CES e membros do Gabinete técnico do organismo asistiron á 5ª Conferencia de la Plataforma de Agentes Interesados del Atlántico, que se celebrou en Vigo os días 23 e 24 de outubro. A conferencia centrouse na economía azul en el área atlántica da UE.
 
 

Páxinas

Subscribe to Consello Económico e Social de Galicia  RSS