| Presentación | ¿Qué é o CES? | Membros | Reunións | Traballos | Encontros CES | Actividade Centro de Documentación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Durante 2008 o persoal técnico e membros do CES empregaron o noso Centro de Documentación en maior medida se cabe que o ano anterior. A totalidade desas demandas foi cuberta polo Departamento mediante respostas puntuais, elaboracións de listados de recursos de información ou dossiers bibliográficos sobre as temáticas consultadas. A maior parte destas solicitudes de información proveñen dos técnicos do CES e tentan respostar as cuestións plantexadas á hora de elaborar os diferentes informes e especialmente á Memoria anual sobre a situación económica e social da C.A. Ese incremento fixo que o número de solicitudes externas (de cidadáns que se dirixen ó Centro de Documentación buscando solucións ás súas necesidades de información) non poideran ser solucionadas na súa totalidade. A tipoloxía principal destas solicitudes son a búsqueda de datos estatísticos sobre aspectos ou sectores económicos determinados.
Polo que atinxe ás peticións efectuadas polo Centro de Documentación para a elaboración de informes, ditames e resto dos traballos do CES Galicia, o número de consultas vaise reducindo paulatinamente estes últimos anos por dous motivos básicos: a cada vez maior disponibilidade de datos na Internet, o que facilita moito a localización destes e a propia experiencia interna de anos anteriores que aproveita os contactos persoais e os recursos informais de coñecemento para acadar os datos necesarios para os traballos, alixerando procesos e reducindo tempos de búsqueda e consulta.
Os fondos documentais do CES Galicia Durante o ano 2008 o CES Galicia continou incrementando os seus fondos bibliográficos mediante un proceso de selección moi especializado e enfocado á obtención dos recursos de información fundamentais para os traballos que realizamos pero ademáis cunha necesaria planificación que permita adiantarse ás necesidades futuras do persoal técnico e dos membros do CES. Este ano produciuse unha reordenación física dos fondos bibliográficos, repartidos agora entre a Biblioteca (monografías e fondos antigos de publicacións periódicas), a Hemeroteca (publicacións estatísticas, documentos de traballo e parte da colección de revistas) e o propio Departamento de Documentación (monografías profesionais, parte da colección de revistas e publicacións en soporte CD-Rom). Tamén hai que salientar o importante incremento de publicacións das que se conservan copias en formato dixital (principalmente no formato pdf) nos servidores do CES. En 2008 esta colección chegou ata 219 rexistros, case duplicando os existentes no ano anterior.
Obxectivos para 2009 Para o ano 2009 o principal esforzo do Centro de Documentación vai estar centrado na actualización e renovación da súa sección dentro da páxina web do CES Galicia dunha banda e no desenvolvemento dunha intranet propia adicada ao personal técnico do Consello e aos membros a través da rede informática interna. No relativo á actualización da páxina web, preténdese renovar por completo a colección de enlaces especializados en información socioeconómica de Galicia así como presentar na web un apartado adicado a dar a coñecer ao público en xeral as principais novidades bibliográficas incorporadas aos nosos fondos, retomando en certa medida a publicación do Boletín-E do Centro de Documentación. |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||