PRESENTACIÓN, NATUREZA, FINALIDADE

Por Lei 6/1995, do 28 de xuño, se crea na Comunidade Autonoma Galega o Consello Económico e Social, en aplicación do previsto no artigo 9.2 da Constitución española e nos artigos 4.2 e 55.4 do Estatuto de Autonom a de Galicia. O obxecto do organismo é facilita-la participación de tódolos galegos na vida pol tica, económica, social e cultural e atende-la aspiración dos axentes económicos e sociais de que as súas opinións e propostas podan ser tidas en conta no proceso de adopción de decisións por parte da Xunta de Galicia.

Na medida que se trata do único órgano onde está representado un amplo número de organizacións socio-profesionais, entidades e asociacións de todo tipo, o CES configúrase como foro permanente de diálogo e deliberación entre os axentes económicos e sociais e a Xunta de Galicia para o exercicio da función consultiva, non só sobre a actividade normativa da Xunta de Galicia en materias de especial trascendencia económico-social, senon tamén para a elaboración de informes, estudios o propostas encamiñadas a unha eventual introducción de reformas no ordenamento vixente. Precisamente por iso, o art. 5º da súa Lei de creación o define como ente institucional de dereito público consultivo da Xunta de Galicia en materia económica e social coa finalidade (art. 2º) de facer efectiva a participación dos axentes económicos e sociais na pol tica socioeconómica de Galicia.

Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS! Icono de conformidade co Nivel A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI © CES-GALICIA