NOVAS

O Secretario Xeral do CES
deixa o cargo por xubilación

Eliseo Sastre Serrano foi despedido polo Pleno nun emotivo acto de homenaxe

Un sentido e caluroso aplauso, no marco dunha sesión extraordinaria do Pleno do Consello Económico e Social convocada ao efecto, puso o agarimoso remate ao acto de homenaxe ao secretario xeral do organismo, Eliseo Sastre Serrano, co gallo da súá xubilación.

Logo de máis de 5 anos no cargo, e cando cumpre os 70 de idade, Sastre poñía fin a unha longa carreira funcionarial rodeado do afecto dos membros do Consello, que lle desexaron o mellor nesta nova etapa da súa vida.

Visiblemente emocionado, o xa ex secretario xeral agradeceu aos membros a colaboración que atopou no desenvolvemento do seu cometido e tivo palabras de recoñecemento para o labor que, na necesaria búsqueda de consensos, poideron desenvolver nestes anos.

O presidente do Consello, Pablo Egerique Martínez, logo de glosar brevemente o traballo desenvolvido por Sastre, agredeceulle tamén a súa dedicación e fíxolle entrega dunha placa conmemorativa.

Pleno CES 17-2-2010
Pleno CES 17-02-2010
(558 kb)
Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS! Icono de conformidade co Nivel A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI © CES-GALICIA