|
O presidente do CES é nombrado, para un per odo de catro anos, polo presidente da Xunta de Galicia, por proposta conxunta dos conselleiros de Econom a e Facenda e de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, despois de consultar ás entidades, organizacións e asociacións representadas no Consello.
As competencias espec ficas atribuidas ó presidente pola normativa do Consello son, entre outras, as seguintes:
- Representa-lo Consello e dirixi-las súas actuacións, en colaboración coa Comisión Permanente.
- Dirixi-los debates dos órganos colexiados que presida, dar por concluidos éstes cando considere que a deliberación foi suficiente, someter a votación as propostas correspondentes e proclama-los resultados delas.
- Dirimi-los eventuais empates co seu voto de calidade.
- Trasladar ás comisións sectorias correspondentes as solicitudes de dictames, estudios ou informes recibidas e face-lo seguimento do procedemento establecido para a súa elaboración e posterior aprobación polo órgano
competente.
- Visa-las actas, ordena-la publicación dos acordos e dispoñe-lo necesario para o seu cumprimento.
- Remiti-los dictames, informes ou estudios á Xunta de Galicia e os conselleiros.
- Executa-los acordos do Pleno e máis a Comisión Permanente e velar polo bo funcionamento do Consello.
|